A inscrición non supón a formalización da alta. Unha vez formalizado a alta, o xogador/a asume o compromiso de abonar as 10 cotas da tempada, excepto nos casos de lesión ou enfermidade de longa duración debidamente acreditadas.
A inscrición (así como o seguro e licenza na categoría junior e senior), cobraranse á formalización da mesma.
Infantil, Cadete, Junior: Para iniciar a pretempada o 17 de agosto realizarase a inscrición antes do 31 de xullo.
BabyBasket, PreminiBasket e MiniBasket, Senior: Para iniciar a tempada o 1 de setembro realizarase a inscrición antes do 15 de agosto.
O cargo das cotas mensuais farase entre o 1 e o 7 de cada mes. A cota de agosto (os xogadores que fagan pretempada) cargarase no recibo de setembro.
A partir do segundo irmán aplicarase un 15% de desconto na cota de inscrición e mensual.
No primeiro pago de cada xogador/a de nova incorporación o Club Baloncesto Montrove incluirá un equipamento completo personalizado (130 €), composto de:
No caso de xogadores BabyBasket e Senior, no primeiro pago incluirase o equipamento de xogo reversible (camiseta e pantalón) e cubre (70 €).
Para a renovación de equipamentos informarase canto antes.
Para formalizar a inscrición usa o seguinte Formulario de inscrición.