Benvidos a Club Baloncesto Montrove (Oleiros).

Somos un club formado por máis de 200 xogadores e xogadoras, entre equipos federados e escolas deportivas.

Únenos non só a paixón por este deporte, senón tamén o firme compromiso cuns valores como son o esforzo, a dedicación, a solidariedade e o sentimento de club por encima de todo.

OS NOSOS VALORES

Promoción de valores deportivos como o respecto, a tolerancia, a colaboración, a responsabilidade e a competitividade sa.

Fomento dun estilo de vida saudable, como eixo fundamental na infancia e mocidade.

Igualdade deportiva real entre xogadores e xogadoras a todos os niveis.

Integración deportiva e social, como entidade con amplo arraigamento na nosa comunidade.

Espírito de equipo, esforzo e compromiso.

OS NOSOS OBXECTIVOS

Consolidar a práctica deportiva nunha das comarcas con maior potencial de crecemento de Galicia.

Continuar sendo un club de referencia no baloncesto de formación e competición.

Fortalecer as relacións e intercambios con clubs nacionais e internacionais.

Estender a cultura do esforzo e o valor do compromiso.

Contribuír á igualdade real no deporte, así como a integración de xogadores e xogadoras en risco de exclusión.